Eu escribo

 ACTIVIDADES DE ORTOGRAFÍA para imprimir




Esta historia, redactada por Alexandra e Irene, foi interpretada coa colaboración de todos os compañeiros e compañeiras nas xornadas "Pasámolo de medo" (última semana de outubro, 2011)

Noite de Samaín


¿Quen é quen?


1

Eu son unha persoa alegre. Gústame ler, gústame romper cousas, gústame vestirme con vaqueros e tenis, gústanme os pircins e gústame tamén nadar.

A miña comida favorita son os macarróns con nata, bacon e champiñóns.

Gústanme os chistes e o fútbol.

Faime enfadar moito a cor rosa e alégrome vendo a cor amarela.




2


Son unha persoa que está en sexto de Primaria. Teño un can. Gústame un rapaz de Austria. Odio mancharme as mans de tipex ou que me rompa. Encántame cantar, bailar, tocar a guitarra e xogar co meu can.
Diariamente leo, xogo, fago os debres, vou a actividades e durmo.
Odio os vestidos, as saias e os zapatos abertos.
Xogo ao fútbol case todos os recreos. ¿A que non sabedes quen son?


3

Son unha das persoas ás que lle encanta Justin Bieber, aínda que me gusta moito máis xogar cos meus amigos, con meus irmáns, con meus curmáns,... Tamén me gusta andar no ordenador e encántame viaxar, non me importa a donde, con quen nin en que.
O que máis me fai enfadar é cando non durmo ben; e cando estou enferma, póñome triste. O que pasou foi que un día pola tarde non me sentía moi ben, pero non lle dei importancia. O caso foi que pola noite non parei de vomitar e entón non durmín nada. Pola mañá tiven que ir ao médico, e iso,... a tomar xarope.
O que máis me alegra é estar cos amigos, aínda que tamén me gusta montar a cabalo.


4

Eu son unha persoa tímida e considérome tamén simpática.
Cando estou cos amigos sinto que non encaixo canda eles.
Gústanme os animais e as plantas, estar coa familia,....
Considérome un pouco perfeccionista, pero non eu, senon cos demais.
Estou na clase de sexto e gústanme os deportes.


5

A miña bici é verde. Gústame o xogo de Son Goku e teño unha wii. Pedrosa é o meu corredor de Moto GP e Alonso de Fórmula 1.
A miña froita preferida é a sandía.
Messi é o mellor xogador do mundo.
Son Noncheimporta.


6

Gústanme os espaguetis e xogar á Play station 2.
Meu pai, nai, avoa e padriño traballan no mesmo.
Gústame algo ser porteiro.
Enfádame que me berre a miña mamá e alégrame que me regalen cousas.


7

En primeiro, cando entrei no colexio, todos pensaban que era rara, eso facíame sentir triste, como un bicho raro. Aínda que, cando monto a cabalo, eso desaparece, todo eso esfúmase, e o meu cabalo e eu somos un. Parece unha cursilada, pero ás veces penso que o mundo é meu e do cabalo.
Gústame moito xogar cos amigos/as.
Síntome moi triste cando as persoas que quero están tristes. Síntome triste tamén cando os amigos me din cousas como: parva, tonta e ás veces cousas máis fortes. Hai algúns amigos que me tratan dese xeito.


8

Gústame o fútbol aínda que non xogo moi ben.Prefiro xogar cos chicos que coas chicas porque xa é costume. Paseime o verán xogando ao fútbol cos veciños. Non me gusta o fútbol nin o tenis, pero si o fútbol americano.
Gústame moito ver a serie "Fisica ou química" e tamén "La que se avecina" e "Aquí no hay quién viva".
Púxenme moi triste porque morreu unha persoa cercana. Non me gusta falar de min, así que.....


9

A min o que me puxo triste foi cando morreu o meu can Jhoni, e o que me pon alegre é  non levar deberes. O que me enfada é que me peguen.
A min gústanme  moito os cans e os gatos.
Eu son moi simpático. O día que máis contento estiven foi cando saquei un 9,5 en Coñe, pero a felicidade non durou porque ao día seguinte saquei un 4.


10

Ola, a min gústame xogar ao fútbol e ir a Tal para xogar na pista e ir á cabaña que fixen nun terreo. Tamén me gusta ir á praia aos calamares ou a pescar calquera cousa, e ir no corcho ata as pedras da Pescadoira e botar alí as nasas.


11

Eu teño un can que é branco.
Gústame xogar ao tenis. A miña cor preferida é o rosa.
Non me gustan as gominolas, agás as "serpientes". Ao meu can tamén lle gustan as súas gominolas.
O que máis me entristece é o maltrato animal e o que máis me alegra é que todos poidamos ter moitas cousas.
A asignatura que máis me gusta é matemáticas. O que menos me gusta é estudiar os mapas de Coñecemento.
O equipo de fútbol que máis me gusta é o Barça; ao meu can gústalle o Madrid porque di que é o mellor, pero eu dígolle que non, e el dime "guau, guau".


12

Gústanme os animais e teño tres gatos e tres cans.
Polas tardes xogo á DS e o meu mellor amigo ten un apodo que coñeces todos os da clase.
Teño bastantes amigos e saco unha media de notable. Non me gusta levar deberes, aínda que todos crean que si, e algunhas veces podo resultar un pouco aburrido.


13

Cando marco un gol nun partido que xoguei todo o tempo, e gañamos, alégrome moito; pero cando perdo, enfádome e non como.
Cando perdo contra o "Cee" enfádome moito e cos "Miúdos", moitísimo máis.
Póñome moi triste cando meu avó está enfermo, e enfádome moito cando me insultan e me pegan.


14

Son simpático, feliz; estou en sexto e para min o meu carisma é moi bo pero coas cusas malas son inflexible.
Teño bos amigos. Gústame o fútbol e gústame Educación Física e Relixión, gustaríame probar con Alternativa pero seguirei sempre Relixión.
Teño tres gatos, dous cans, un paxaro, seis galiñas, dous porcos e unha vaca.
Non me nefado se as cousas non se poñen moi mal. Síntome feliz cando me toca Informática nas actividades extraescolares e síntome triste cando non me toca a mochila viaxeira.


15

Son unha persoa que vou en sexto de Primaria. A min, un día, cabreoume que me chamaran "manta". Son unha persoa moi amable e fago rir aos compañeiros.
Púxenme triste cando un dí fun comer e me dixeron que morrera o can. Púxeneme moi alegre o día no que me dixeron que íamos ir mirar un cabalo: era negro.


16

A min gústame xogar ao bádminton e a PS2, aparte de andar na bici.
Alégrame ir ás castañas.

No hay comentarios: